10 nov 2007

Esta é unha historia interesante, da para pensar:

Un día, Manuel estaba, como tódolos días, deitado xunto a súa caña, no seu recuncho preferido á beira do río.

Tódolos días ía ó río, ben cedo, pescaba dous ou tres pescadiños, e ía a primeira ora ó mercado, onde lle daban o suficiente para comer 3 ou 4 días a cambio da pesca, e así el vivía feliz, co necesario.

Aquel día, a pesca rematara moi cedo, así que estaba a descansar até as 10, ora na que ía ó mercado.

Un coñecido seu, Alberte, achegóuselle e díxolle:
"-Que fas ahí todo o día tirado? non ves que se pescaras máis, poderías gañar máis diñeiro e vivir mellor?"

O pescador replicoulle:
"-E logo que faría con ese diñeiro, se xa teño o necesario para vivir?
-Logo poderías mercar unha barca, e ir pescar ó mar.
-E logo?
-Mercarías máis barcos, e contratarías a máis xente para que traballase nos barcos e gañarías máis diñeiro.
-E despois?
-Poderías ter máis diñeiro, co que traballarías menos, e vivirías máis comodamente!
-E despois?
-Despois poderías deitarte tranquilo a non facer nada e descansar.
-E que é o que estou facendo agora mesmo?"


Isto da que pensar... así como outro relato, o que penso que protagonizaban aristóteles e Alexandre Magno (coido que non eran eles, pero para exemplificar váleme):
(estando Aristóteles fóra da súa casa, onde tiña o suficiente para vivir cada día, gozando do sol da mañanciña, achegóuselle Alexandre Magno):
-Bos días.
-Bos días.
-Son Alexandre Magno, son o home máis poderoso que existe, e ti fúche-lo meu mestre, ensináchesme todo o que sei, e de ti aprendín, hai algo, calquera cousa, que necesites ou desexes? pódoche concede-lo que sexa.
-Si, quero que te apartes, estasme a bloquear o sol.



[D_M]

No hay comentarios: